Thursday 16 de May de 2024

Adxudicación provisional da pavimentación dos campos de fútbol de Aguiño e Carreira


O Concello de Riveira informa da adxudicación provisional da pavimentación dos campos de fútbol de Oleiros e Aguiño.

De entre as 16 ofertas presentadas, a que obtivo unha mellor clasificación resultou ser Construcciones Ponciano Nieto, S.L.. Comporta un investimento de 30.154 euros, IVE incluído. O prazo de execución é dun mes e medio.

A este respecto, cómpre informar de que a superficie do campo da Guía en Carreira que está situada arredor do terreo de xogo rexistra abundante vexetacion e pavimento de terra que impide ser utilizado axeitadamente polos usuarios do campo, especialmente en época de chuvias. Ademais, o camiño de acceso atópase bastante deteriorado con numerosos baches no pavimento.

Polo que se refire ao campo da Tasca en Aguiño, todos os seus laterais están pavimentados agás unha parte ubicada na zona sureste das instalacións, que ten pavimento terrizo que ocasiona barrizais cando chove.

Por tal motivo, o obxectivo que persegue o proxecto técnico elaborado polos servizos municipais persegue pavimentar adecuadamente as superficies que rodean os terros de xogo para que os usuarios poidan utilizar a área total das instalacións existentes.

En concreto, en relación ao campo de Carreira se desbrozará e escavará a superficie a pavimentar e se estenderá unha capa de mestura bituminosa en quente sobre outra de zahorra. Ademais, tamén será pavimentado o camiño de acceso co outra capa bituminosa.

Polo que se refire ao campo de Aguiño, tamén se estenderá unha capa bituminosa sobre outra de zahorra na parte afectada, previo acondicionamento da superficie.